Friday 03 de May de 2024

Retómase o servizo de transporte público ao cemiterio municipal de Fene


O Concello de Fene informa de que, a partir desta fin de semana, volve funcionar -co mesmo horario e
percorrido- o servizo de autobús ao cemiterio municipal do Campo da Arca, Barallobre. O servizo
interrompeuse en marzo por mor da pandemia provocada pola Covid-19.
Así, a partir deste sábado, o autobús realizará o percorrido con saída ás 16.00 horas do cuartel da Garda
Civil de Fene, pasando por Magalofes, Lubián, Fene, San Valentín, Perlío e Barallobre. Posteriormente,
ás 17.30 horas, realizarase o percorrido á inversa, con saída do cemiterio municipal e con paradas nas
mesmas parroquias.